AGalegaAudio

Todos os podcast | A lista negra

Categories

Music

Number of episodes

36

Published on

2024-06-16 00:00:00

Language

Galician


      Todos os podcast | A lista negra

What’s This Podcast
About?

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada programa da Lista Negra está dedicado a un dos grandes deste xénero, desde Howlin’ Wolf a John Lee Hooker, desde Robert Johnson a John Mayall, que nos axudarán a ir coñecendo os distintos subxéneros desta música honesta como ningunha outra: o blues do Delta, o blues de Chicago, o blues texano, o country blues, o blues rock, o blues de Nova Orleáns, o blues británico... Ademais, na Lista Negra haberá sitio tamén para o blues galego. Cada semana, un solista ou banda poderán presentar o seu xeito particular de sentir e achegarse ao blues desde a nosa terra. Un bo escaparate para artistas que non teñen tanta visibilidade como os que se decantan por xéneros máis comerciais.

Podcast Urls

Start monitoring your podcast.

Sign up to track rankings and reviews from Spotify, Apple Podcasts and more.